top of page

TRAXECTORIA, polo escritor

Cos-meus-pais-na-Alameda-compostelana193

Cos meus pais na Alameda compostelana, 1936

Na-Alameda-de-Compostela-ao-pé-da-estatu

Na Alameda de Compostela, ao pé da estatua de Rosalía, 1946

Nas-escaleiras-da-Alameda-de-Pontevedra1

Nas escaleiras da Alameda de Pontevedra,  1945

(ven da páxina do inicio)

...Tantos anos que, por veces, xa empezo a ter a impresión de que eu son o meu inmediato descendente, pois, con todo, teño aínda ánimo xuvenil. Cando nin contaba un mes, os meus pais leváronme para Compostela (os aborixes adoitan dicir só Santiago, como se non houbera máis 'santiagos' en Chile, Cuba, Guayaquil, etc.) e, naturalmente, por entón eu andaba moi lonxe de saber que había de ser escritor. Por non saber, daquela, nin sabía que me chamaba Salvador García-Bodaño Zunzunegui ou Salvador García-Bodaño, como acostumo asinar, por brevidade, a maioría dos meus escritos sen que supoña -téñoo explicado para algunha nota biográfica- renuncia á miña ascendencia euscalduna, pola que sinto especial orgullo. En fin, que -non sei se lle ocorre a todo o mundo- fun sabendo quen era na medida en que vivía, ou, de poñérmonos transcendentes, funme coñecendo no propio vivir.

No-parque-da-Praia-Compostela-co-meu-irm

No parque da Praia Compostela co meu irmán, un amigo e unhas amigas, 1942

Minervais.jpg

García-Bodaño nas Festas Minervais

1975_grupoDerby.jpg

García-Bodaño diante do café Derby, en Compostela, con Arcadio López-Casanova, Bernardino Graña e o poeta catalán Jordi Domenech (1962)

En Santiago de Compostela formeime intelectualmente. Nos textos de Literatura galega considéraseme un escritor membro da 'Xeración das Festas Minervais' ou, con maior concreción, da 'Promoción das Festas Minervais' dentro da extensa comunidade epocal da Xeración de 1950. Nesas festas ou xustas literarias universitarias de ámbito estatal acadei varios premios, entre eles o Primeiro en Poesía galega e o Primeiro en Poesía castelá. Por entón coñecín a dúas figuras que influirían notablemente no meu pensamento: o pintor Carlos Maside e Ramón Piñeiro. O primeiro, espertando o meu interese polas artes plásticas e por unha forte preocupación social; o segundo, polo vencello con toda a tradición galeguista, a conciencia de Europa e un proxecto político para Galicia no que non sempre concordabamos, con fraternal lealdade, por termos posicións moi diferentes respecto do nacionalismo galego.

En plena dictadura franquista, entre amigos e amigas galeguistas e nacionalistas fundamos (1961) a Agrupación Cultural 'O Galo', que había de ser pioneira de todo un longo movemento de agrupacións creadas para a difusión da nosa cultura e da nosa lingua pola xeografía das principais cidades e vilas de Galicia.

De entre as miñas primeiras intervencións públicas recordo, con certa emoción, que, ao pouco de falecer Ramón Cabanillas (1959), fun invitado a participar nun concorridísimo acto de homenaxe literario na súa memoria, en xaneiro de 1960, organizado pola Cátedra de Literatura da Universidade compostelá e celebrado no Paraninfo. Léramos poemas Aquilino Iglesia Alvariño, Uxío Novoneyra e mais eu. Despois, premios e actos culturais foron afincando a miña vocación literaria naqueles tempos de xuventude: Xogos Florais de A Coruña, en setembro de 1962; celebración do primeiro Día das Letras Galegas (1963) no Salón Artesoado de Fonseca, cunha lectura de poemas na que participaran tamén Xohana Torres, Arcadio López-Casanova e Carlos Casares; a Homenaxe a Antonio Machado (1964) na Facultade de Filosofía e Letras de Compostela; o recital poético con Celso Emilio Ferreiro e Arcadio López-Casanova no Ciclo de Cultura Galega na Casa da Cultura de Pontevedra na segunda festividade do Día das Letras Galegas; o Primeiro Premio nos Xogos Florais 'Rosalía Castro' do Concello de Betanzos (1971)...

​

Con UxioPardoeIglesias.jpg

Con, Pardo, Novoneyra e Iglesias nos Cantóns coruñeses, 1962

PiñeiroCaleroCarro.jpg

García-Bodaño con Ramón Piñeiro, Ricardo Carvalho Calero e Xavier Carro, 1969

CunqueiroEuloxio.jpg

Ao longo dos anos foron numerosas as empresas culturais nas que tomei parte: é así que participei na fundación da revista galega Teima (1976); na editorial Escola Aberta: no Museo do Pobo Galego (1976); na Asociación de Escritores en Lingua Galega (1980); no Ateneo de Santiago de Compostela (1980) xa desaparecido e do que fun presidente, para selo de volta na súa refundación en 2008; no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside; no novo Seminario de Estudios Galegos (1983), do que son membro numerario coa presentación dun estudio sobre o pintor Xaime Quessada; da actual Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG); do Instituto Galego da Información (IGI); da Asociación de Traductores en Lingua Galega (ATLG); da Asociación Galega de Editores (AGE); da Fundación Castelao; do PEN Club de Galicia; da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, e fun invitado a integrarme na Fundación Padroado de O Pedrón de Ouro; e, a partires de 1992, como membro numerario da Real Academia Galega.

O 16 de xuño de 2021 é nomeado Presidente Honorario do Ateneo de Santiago de Compostela.

Con Álvaro Cunqueiro, na súa casa de Vigo, e Euloxio R. Ruibal, 1978

Presidente honorario do Ateneo de Santiago copia.jpg
AvilesLedo.jpg

García-Bodaño, Avilés de Taramancos e Margarita Ledo Andión. Noia, 1979. Foto Xurxo Fernández

RiegoMariñoCasares.jpg

Con Francisco Fernández del Riego, Luís Mariño e Carlos Casares

Pablo Lucas Verdú, Domingo García-Sabell, Isidro Conde Botas, Hilario Saenz Díez, José Luís Pérez Fuentes, Enrique Moreno Báez, Bernardino Graña Villar, Arcadio López-Casanova, Ramón Piñeiro López e Salvador García-Bodaño na fachada de Fonseca, 1962

EnFonseca.jpg
bottom of page