top of page

“As cidades, logo, as reconstrúe cada
quen, alá nos espacios do recordo,
segundo as propias vivencias. Son o
resultado do noso estado de ánimo e da
nosa plenitude vital: as tristísimas
cidades dos aflixidos, as luminosas e
sonoras cidades dos felices, as
fotográficas cidades silentes dos xordos,
as incomprensíbeis e agresivas cidades
dos cegos, as cidades cambiantes da
vida... 

(do libro Cidade virtual)
  • 1º Premio e Flor Natural en Poesía galega nas Festas Minervais en 1959.

  • 1º Premio e Flor Natural en Poesía castelá nas Festas Minervais en 1959.

  • 1º Premio Xogos Florais "Rosalía de Castro". Cidade de Betanzos. 1971.

  • Premio da Crítica española (Poesía en galego) en 1978, por Tempo de Compostela.

  • Premio da Xunta de Galicia á Creación Cultural en 1988.

  • Premio de la Crítica española (Narrativa en galego) en 1992, por Os misterios de Monsieur D´Aillier.

  • Árbore (un teixo) no Xardín dos Poetas do Pazo de Mariñán. 30 de xuño, 1999.

  • Premio O Escritor na súa Terra da AELG no 2004.

  • Dedicación dunha praza na parte nova de San Lázaro, en Compostela. 2004.

  • Árbore (un álamo) no Centro Cívico de Teis. Vigo, 2004.

  • Un monólito no xardín do Centro Cívico de Teis. Vigo, 2004.

  • Dedicación dunha placa que lle dá o meu nome ao Centro Cívico de Teis. 2004.

  • Cea-homenaxe de escritores e escritoras en Compostela, no meu setenta aniversario, con entrega dunha placa por Díaz Pardo. 2005.

  • Dedicación do Día da Poesía Galega 2006, polo seu aporte ao engrandecemento da nosa poesía. Patronato da Cultura Galega en Montevideo, Uruguai, 28 de decembro 2006.

  • Título de Socio de Honor da Sociedad Hijos del Ayuntamiento da Estrada, entidade pioneira do asociacionismo galego en Cuba. Ciudad de La Habana, 30 de abril de 2008.

  • Premio Cultura Galega das Letras no 2012.

  • Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela no 2012.

  • Premio Voz da Liberdade do PEN Clube de Galicia no 2013.

  • Galardón San Martiño 2016 de A Estrada, Premio de Normalización Lingüística ao Presidente do Ateneo de Santiago, Salvador García-Bodaño.

  • Medalla de ouro e Fillo adoptivo de Santiago de Compostela (2015).

  • Homenaxe da Real Academia Galega co gallo do Día Mundial da Poesía, A Coruña (2019).

bottom of page